Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gwendal regresa a Ortigueira

Gwendal, Os Cempés, Guidewires, Banda Crebinsky, Riobó, Bagad Glazik Kemper ou Dán son algúns dos grupos que formarán parte do programa da 29 edición do Festival de Ortigueira. Será entre os días 11 e 14 de xullo.


Os bretóns Gwendal regresan ao Festival de Ortigueira como unha das principais actuacións do programa que se desenvolverá entre os días 11 e 14 de xullo.

A súa participación será o sábado 13, nos concertos da noite, mais desde o xoves até o domingo, Ortigueira vivirá a todas horas o festival con pasarrúas, exposicións ou mesmo cunha feira de artesanía.

Canda Gwendal, Ortigueira prepara tres noites de concertos que comezarán o xoves co Proxecto Runas -para novo grupos- con Guezos, Folk on Crest, Roc e Ruaille Buaille máis os Cempés. Para o venres, a música galega estará representada por Birimbao, Escola de gaitas de Ortigueira e Riobó. Os irlandeses Kan e Guidewires completarán a noite.

O sábado, ademais de Gwendal, estarán os galegos Banda Crebinsky, Bagad Glazik Kemper de Breaña, Dominic Graham School of Irish dance mais Dán de Irlanda e Harmónica Creams que chega do Xapón.

O domingo á mañá, Ortigueira despertará co desfile de Bandas coa participación de sete agrupacións musicais. A exposición que se poderá visitar durante todo o Festival é unha mostr afotográfica de Vicente Ansola titulada “o retratista de Vilaeimil”.


www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer