Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Oka Folk 2013 (Oca-A Estrada)
Milladoiro e Linho do Cuco participarán na primeira edición do festival Oka Folk. Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande completan o cartel

Celebrarase o día 15 do mes de xuño


As actuacións celebraranse na praza situada ante o Pazo de Oca.

A comisión de festas de San Antonio en Oca decidiu este ano dar un paso máis na súa tradicional festa con orquestas e pulpeiro. Cansados da obrigación de ter que realizar grandes desembolsos para traer ás principais orquestas galegas como reclamo, a organización dos festexos decidiu dar un xiro radical á súa formulación e apostar pola creación dun festival que nace co nome de Oka Folk.

Para a súa primeira edición, este festival contará cun cartel de primeiro nivel no que figuran Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande dous Homes sen Medo. Todos eles uniranse nun escenario único o próximo día 15 nunha celebración que espera consolidarse con sucesivas edicións.

Así o recoñeceu onte un dos principais responsables da comisión de festas, Juan Espantoso. "Este ano decidimos darlle un cambio á festa para non ter que empeñar á parroquia con orquestas que ao final non che solucionan nada. Para que veña xente tes que traer á Panorama ou a París e non podemos pedir tanto aos veciños. Aí ocorréullenos a idea de facer unha festa folk que esperamos que guste á xente".

Espantoso agarda tamén que a iniciativa sexa do agrado dos propios veciños. "Non é un festival consolidado pero confiamos que a xente acuda para volver repetir o ano que vén. Esperamos tamén que os veciños respondan. A comisión deste ano está formada ademais por voluntarios porque senón estabamos preto de non ter festas de San Antonio", explicou.

O integrante da comisión encomiou ademais o cartel que lograron facer coa axuda dun dos veciños de Oca que levou a xestión cos grupos.
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-06-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por (20-05-2016 12:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer