Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
Bases do “XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina”

30 de xuño 2013 - Centro Cultural Ágora - A Coruña


1. Neste concurso poden participar grupos de: Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
Categoría A: ata 10 anos inclusive.
Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
Categoría C: de 17 anos en adiante.

4. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandereteiras, … que deberá estar presente no esceario, vestindo o traxe tradicional.
En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo.
Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio. (trofeo e 350 €)
Ademáis outorgaranse dous únicos premios para tódalas categorías do
concurso:
- Premio o mellor bailador e premio a mellor bailadora, ambos premios en Homenaxe a Yolanda Pérez Feijóo.

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
1. Autenticidade da peza.
2. Dificultade técnica
3. Calidade na execución

8. O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. O concurso terá lugar o domingo 30 de xuño no Centro cultural Ágora de A Coruña, sito na rúa Ágora s/n – 15010 A Coruña.
Está previsto que o concurso se desenvolva pola maña,incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 15 DE XUÑO.

11. Pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA RELIZAR AS INSCRICIÓNS.

12. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 // info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-06-2013 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer