Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Programación da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
Venres, sexta feira 30 de marzo

Conferencia de Gerardo Sacau sobre a Reconquista da Vila de Vigo no Instituto Camoes ás 20:00
Derradeiro ensaio xeral da representación ás 21:00 na praza da Constitución

Vinde á festa vestidos con roupa tradicional.

Sábado 31 de marzo

Durante todo o día funciona un tiovivo e unha xincana para pequerrechos na Pz. da Princesa.

Pola mañá:

A partir das 10 abre o mercado tradicional.
Animación musical toda a mañá a cargo de agrupacións de música tradicional galega:

Pz. da Princesa: grupo "Tarambainas" de Lavadores
Joaquín Yáñez e Palma: grupo "Arume" de Beade
Triunfo e Igrexa: grupo "Meigallos" de Lavadores
Oliva e A Pedra: grupo "Os Trasnos da Gaita" de Navia
Pz. de Almeida e Méndez Núñez: grupo "Os Tabáns" de O Freixo
Sombras chinesas ás 11.30, polos alumnos do colexio Ría de Vigo, rúa Triunfo - librería "Libros para soñar"
Ás 12.30 na Biblioteca Central haberá un Conto Interactivo titulado "Pepiña Xoaniña quere voar".

Pola tarde:

Pasarrúas de música tradicional animarán as rúas da zona vella
Demostración de palilleiras ás 17.30 na Pz. de Almeida
Inauguración da festa ás 18 horas na Pz. da Constitución
Torneo de xogos de destreza a partir das 18 h. na Pz. de Joaquín Yáñez
Obradoiro de instrumentos musicais ás 19 h. na Pz. de Almeida

Xa a partir das 22 h. comezan os concertos na Pz. do Berbés:

Gaiteiros Treixadura + Orfeón Treixadura
Grupo de rock galego Ruxe - Ruxe

Domingo 1 de abril

Durante todo o día haberá saídas de xigantes e cabezudos da Colexiata

Pola mañá:

Demostracións de artesanía:

Pz. da Constitución: oleiro, cesteiros, selleiro e zoqueira.
Pz. da Princesa: redeiras e palilleiras.
Pz. de Almeida: canteiros e instrumentos musicais.
Pz. da Pedra: obradoiro de pan para nenos e nenas.
Animación musical polas rúas da zona vella a partir das 11 a cargo das agrupacións de música tradicional galega:

"Aturuxo" de Valadares.
"Noutrora" de Sárdoma
Xincana e torneo de xadrez, ás 11.30 na Pz. de Joaquín Yáñez.

Pola tarde:

Representación teatral da Reconquista ás 17.30, que percorre a Pz. da Constitución, rúa Gamboa e Pz. do Naútico para voltar ao punto de inicio.

Xa a partir das 20 h. comezan os concertos na Pz. da Constitución:

Grupo portugués MNB e danzas tradicionais portuguesas participativas a cargo de Marta Coutinho
Sete Saias ás 21 horas, grupo de arpas e voces
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2007 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Menuda fin de semana... facía tempo que non o pasaba tan ben... FELI#blgtk08#CIDADES ORGANIZACIÓN!!! e graciñas por todo compañeiros, un biquiño
Comentario por Tamara (02-04-2007 00:16)
2 Coma xa nos tendes afeitos... pasámolo xenial!!
parabéns á organización da festa da recon#blgtk08#quista e a toda a xentiña que fixo posible tanto disfrute. Bicos mil!!! e pola festa que sigue.
Comentario por Gloria (02-04-2007 08:34)
3 Reporteiros foto#blgtk08#s por favor....
Comentario por (02-04-2007 17:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer