Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roi Casal en Noia

Roi Casal actúa este xoves 25 de abril en Noia, polo San Marcos

Roi Casal e a súa banda traen a xira “Máxicamente vello 2013” ás festas de San Marcos. O cantante galego chega a Noia para presentar o seu traballo discográfico “Maxicamente vello”, que publicou en febreiro de 2011 e co que recibiu moi boa acollida por parte de crítica e polo que Roi Casal foi galardoado en varias ocasións.

O espectáculo comezará ás 23 horas na Alameda, e será a primeira vez que Roi Casal actúe en Noia, cuestión a que ao músico lle fai especial ilusión: “É o noso primeiro concerto en Noia e queremos dar o mellor de nós”, apunta Casal, ao que engade que “sairemos ao escenario para que a xente o pase ben nese hora e media”. O catoirense afirma que “a xente xa coñece moitos dos nosos temas, e o que lle pedimos e que veña á Alameda de Noia a desfrutar, a dar palmas e cantar con nós”. Roi Casal define as súas actuacións como unha mestura “dunha banda pop-rock, ao que debemos sumar a inspiración da música tradicional e o colorido que lle dan os instrumentos “, polo que, “é unha música actual, ambiciosa, comprometida, sen complexos e en galego”. A respecto da calendario de actuacións da banda, Casal adianta que será un verán moi potente, con máis de 30 concertos, tocando nas mellores festas de Galicia, “como son as festas de San Marcos de Noia”.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer