Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do novo disco de Xose Manuel Budiño en Compostela
Primeiro concerto de presentación do seu novo disco 'Sotaque'

Xoves 25 abril 2013
21:00 Teatro Principal (Santiago de Compostela)


BUDIÑO ao vivo presenta ‘Sotaque’ o seu novo traballo discográfico. Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por Budiño mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

‘Sotaque’ foi gravado no seu estudio “Ardora” e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”. Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de Budiño, co seu SOTAQUE.

Os amigos convidados ao Sotaque de Budiño fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación:

* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en “Déixame Adiviñar”, unha letra escrita por Carlos Blanco.

* LUIS TOSAR imprime o seu Sotaque cantando á vida, á saudade, na canción “Hoxe canto en Libertá” con letra de Celso Emilio Ferreiro.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer