Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada por Rebulir Cultura Tradicional, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense e da La Caixa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Neste 2013 cúmprese a VII edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 27 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta será variada con unha mostra de produtos artesáns con máis de 30 postos; animación, contacontos, xogos, obradoiros, exposicións, xigantes e cabezudos… Aínda que o programa en esencia é semellante ao de anos anteriores gardamos algunha sorpresa na manga que se irán descubrindo segundo evolucione a noite en Vilavidal. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web www.noitedefiadeiro.com .

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer