Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultado do IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada


O Centro Cultural A Ponte Vella de Pontevea, no veciño municipio coruñés de Teo, foi o gran triunfador no IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada -organizado por Tequexetéldere co apoio do Concello e da Fundación Cultural da Estrada- ao lograr 5 dos 14 premios que se disputaban no certame.

De feito, os distintos grupos de baile cos que concorreu ás 4 categorías establecidas -A para bailaríns de até 10 anos, B para os de entre 10 e 12 anos, C para os de 12 a 16 anos e D para os de máis de 16 anos- coparon un primeiro premio, un segundo e un terceiro así como os dous accésits por vestiario e acompañamento establecidos para as categorías A e B.

En concreto, o grupo A Telleira do Centro Cultural A Telleira logrou o primeiro premio da categoría A pola súa interpretación da Muiñeira de Forcarei. A prata foi para a Asociación Airiños de San Xulián, de Marín, que bailaron a Xota da Fonsagrada. En terceira posición clasificouse o grupo C da Escola de Muñeira Cantigas e Agarimos, de Santiago, pola súa Xota e Muñeira de Vilamaior.

Unha bailarina cega

Cabe destacar que nesta categoría competiu por segundo ano consecutivo unha nena cega co grupo Pícaros da Asociación Cultural Donaire da Coruña. O xurado e os expertos en baile que sabían que participaba esta bailarina cega sorprendéronse gratamente polo seu bo facer e pola súa integración no grupo propiciada polos seus compañeiros.

Na categoría B, proclamouse vencedor absoluto o grupo B da Asociación Cultural Armadanzas de Laraño co seu Canto e Xota de Baroña. En segundo lugar clasificouse O Muiño dá Retorta do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo coa Muiñeira de Barro de Arén. O bronce foi para Sete Ferreñas da Asociación Vai de Roda de Rianxo pola súa interpretación da Xota en Lordelo.

O primeiro clasificado na categoría A -A Telleira da Ponte Vella de Teo- gañou, así mesmo, o accésit por mellor grupo de acompañamento musical dos niveis A e B. O segundo na categoría B -O Muiño da Retorta da Ponte Vella de Teo- logrou o accésit por mellor vestiario das categorías A e B.

Xa no nivel C, venceu Nove Ferreñas da Asociación Vai de Roda de Rianxo pola súa interpretación da Romaría na Barcala. En segundo lugar clasificouse a Asociación Cultural Seixebra de Moraña, coa Muiñeira e Maneo de Bardáns. O bronce foi para Tras do Eo do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, que interpretou Pola Vila de Vilaver.

Na categoría D, proclamouse campioa a Asociación Cultural Nós de Sobradelo interpretando a Xota e Muiñeira de Valo. En segundo posto quedou a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo co seu Muiñeira das Pozacas. A Asociación Cultural Airiños de San Xulián de Marín logrou clasificarse terceira coa súa interpretación da Xota e Muñeira de Trazo.

Pola súa banda, a Asociación Cultural Mar de Arousa -que bailou Muiñeira e Xota de Anxeriz- logrou o accésit de mellor vestiario dos niveis C e D en tanto que A Burga do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo lograba o accésit ao mellor corpo de acompañamento musical.

O IX Concurso Tequexetéldere desenvolveuse cun gran éxito de participación de grupos e público. Un total de 31 agrupacións de baile e música tradicional de toda Galicia déronse cita no evento que, precisamente por este poder de convocatoria, tivo cambiar o Teatro Principal pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. O recinto feiral reuniu pola mañá a máis de 500 persoas, maioritariamente pais e familiares dos nenos que competían nas categorías A e B. Xa pola tarde tamén se rozou o medio milleiro de espectadores, ávidos por gozar do saber facer dos bailadores dos niveis C e D.

O grupo anfitrión, o estradense Tequexetéldere, bailou fóra de concurso. O seu grupo D bailou a Muñeira de Cordeiro (Valga) e o C, a Muñeira de Grixoa (Vimianzo) pola mañá, momento no que os gaiteiros da formación tamén interpretaron Chegaches Lola. Xa pola tarde, Tequexetéldere interpretou Ruada de Rodís (Cerceda) e Xota e Moliñeira de Ancares. Os seus pandereteiras interpretaron a Xota e Muñeira de Grixoa.

Integraban o xurado a exbailadora de Xacarandaina (A Coruña) Chus Uzal; o ex director de Cantigas e Agarimos e de Fortín da Pomba de Bandeira, Carlos Xosé Vidal; e o integrante do grupo de baile Colexiata do Sar de Santiago, Carlos Pardo.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0