Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Finou José Iglesias ´Melitón´,
Morre José Iglesias ´Melitón´, pandereteiro excepcional e vigués distinguido en 1995
Natural de Sárdoma foi un dos precursores do novo movemento de gaiteiros e bailadores desde mediados dos anos 50


José Iglesias Nieto, coñecido popularmente por "Melitón", mestre que devolveu o folclore galego ao lugar que lle correspondía, faleceu onte á idade de 89 anos na súa parroquia de San Pedro de Sárdoma, berce de incansables pandeireteiros e gaiteiros.

Iglesias Nieto non só traballou de forma infatigable pola recuperación das melodías populares durante toda a súa vida, senón que tamén foi mestre de mestres, como Wenceslao Cabezas "Polo", tal e como se recolle nas páxinas de FARO DE VIGO en 1995, ano en que a corporación municipal outórgalle o galardón de vigués distinguido, "tras máis de medio século entregado á arte".

Desde que en 1956 fundase o grupo Ventos das Cíes, a vida de "Melitón" non se concibe sen unha pandeireta eternamente unida á súa man "eu non sei cal é o segredo. Cólloa coa man dereita, poño os dedos na pelica, e ala, a sacarlle ritmo e a que vibren as ferriñas", di con humildade.

Era unha pericia, unha arte, que lle levou a ser recoñecido en toda Galicia. "Que si hai arte? Pois, seguro. Pero o que máis hai é afección entrega, desexo de facer ben o que un sente. E é que isto do folclore ou se leva dentro ou non hai modo de expresalo".

E sabía como expresar esa música que levaba dentro e que mamara desde o berce cando nas reunións familiares a súa avóa "tocaba a pandeireta e bailaba. Estupendamente".

"Melitón" foise acompañado dos seus seres queridos e será soterrado hoxe ás catro e media da tarde no cemiterio da parroquia de Sárdoma (Vigo).

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2013 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Recuerdo cuando por primera vez estuve en el Hogar del Productor (hoy Biblioteca )para ensallar (la jota-la muñeira-la pandeirada etc.)al son de los Portela con Yimi(familiar)Polo-Pepin y Purita-Galleg#blgtk08#o y su señora y otros muchos más;nunca senti una emoción tan grande de sentirme vivo. Gracias Pepe y descansa en Paz.
Comentario por José M. (03-04-2013 13:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer