Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De roda en roda. Músicas e danzas do mundo
Estes días está a chegar ás librerías de todo o país, o libro-CD-DVD, ‘De roda en roda. Músicas e danzas do mundo’, da autoría de tres persoas que levan moito tempo dedicándose ao mundo da danza como son Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil.

O libro propón unha viaxe arredor do mundo a través das súas músicas e das súas danzas, ofrecendo unha escolma de 21 pezas tradicionais de diversas partes do planeta, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no CD con instrumentos propios dos seus países de orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguén quede sen bailar.

O libro, xa que logo, é tamén unha guía e una viaxe xeográfica para quen queira aprender a rodar, a ir en roda, da man dos bailadores e bailadoras que, polo mundo adiante, inventaron pasos cos que lles sorrir á vida.


Polo de agora, imos abrindo o baile con esta pequena mostra desta danza escocesa.



Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-04-2013 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer