Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a Rede de Músicas Soltas en Rianxo con Acrobata
Presentouse en rolda de prensa o ciclo de concertos REDE DE MÚSICA SOLTAS que programa aCentral Folque, Central Galego de Música Popular e promove o Concello de Rianxo para recitais no Auditorio da vila durante as estacións de primavera e outono deste 2013. Na rolda ante os medios falaron Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo e Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque e artista que abre o ciclo este venres 22 de marzo acompañada de Fred Martins.

Ambos destacaron a importancia de manter activa a programación cultural durante todo o o ano e da oportunidade para o público local e da bisbarra achegar artistas que están traballando desde diversos eidos da vangarda da música popular.

A procura de crear e asentar un público fiel á música ao vivo por un módico prezo (as entradas son a 5 ? e hai posibilidade de mercar un abono para os seis concertos) aberto a todo o mundo.

Esta é unha rede tecida con concertos de autores galegos ou que viven en Galicia sendo doutras partes do mundo. Tamén son recitais de presentación de proxectos en activo, así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio (Son brasilego) e Davide Salvado (O ladrón de amorodos), a próxima estrea de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos Trio, Dúo Fdez & Quintá e as cancións inéditas en Acrobata, o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira.

O primeiro concerto será este venres 22 de marzo a partir das 20.30 h coa dupla atlántica de Fred Martins e Ugia Pedreira que farán un repaso por temas do seu disco Acrobata así coma presentarán algún inédito e descartes que non chegaron a ver a luz na publicación do CD.

Acrobata é música saborosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0