Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que non falten ideas para a gaita
Acabóuseche o repertorio de pezas no medio da festa? Non te preocupar. O web Folkoteka galega achega á rede un amplo catálogo de partituras tradicionais.

Este proxecto colaborativo permite descargar as pezas en PDF ou en formato MusicXml, pensado para traballar con elas mediante programas informáticos específicos. Os interesados poden acceder a danzas, alalás, foliadas, mazurcas ou pasodobles, e realizar ao tempo as súas propias achegas. Non saber máis pezas xa non é excusa para parar.

¡Colabora, participa, dedica algo do teu tempo en difundir a nosa cultura!
Folkoteca Galega pretende ser unha ferramenta para a publicación de xeito colaborativo.
Na primeira fase deste proxecto estanse a publicar partituras dixitais de repertorio tradicional galego. Tamén exercizos para o aprendizaxe de diferentes instrumentos musicais.

Os formatos das partituras empregados son MusicXml e PDF.

?Non se publicarán imaxes de partituras.
?Non se publicarán outros formatos de partituras de sistemas pechados: Finale, Encore, Sibelius, etc...
?A maior parte deses programas poden importar/exportar en formato MusicXML.
?Se queres un programa libre e gratuíto para importa/exportar MusicXML recomendamos Musescore.
Folkoteca Galega está formada por un grupo de:
?Colaboradores: proporán a publicación de material.
?Editores: publicarán o material
?Usuarios anónimos: visitantes do portal.

Para formar parte de Folkoteca Galega contacta con folkoteca@gmail.com explicando a motivación para facelo.
?Para calquera suxestión, dúbida ou reclamación contacta con folkoteca@gmail.com

Sen ánimo de lucro.
?O custo do proxecto elévase a 221? (prezo do servidor)
?Non se contempla a inclusión de publicidade.


www.folkotecagalega.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2013 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0