O novo de Linho do Cuco está dispoñível estes días
As Alegrias saen do forno O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías.
É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés?
Esta fin de semana estará xa á venda no seu concerto de presentación na Estrada este sábado 23 de marzo no Auditorio.
Polo momento podemos desfrutar deste vídeo coa súa particular visión do Pasodoble de Mallou, tema do seu segundo disco "3".