Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XVIII Xantar Gaiteiro en Melide |
|
 Un ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XVIII Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´96 de Melide ( A Coruña).
Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar!
Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.
Programa do día:
12.00 horas . Visita guiada ó Museo da Terra de Melide.
Dende as 13.00 horas arruadas e ?pasa- bares? pola vila.
13.30 horas. Actuación do grupo de Zanfonas da Tradescola na Praza do Convento.
14.30 horas. Saida dos distintos grupos e participantes tocando dende o centro da vila ata o hotel Carlos´96 para xantar ás 14.45 horas.
Ademais na Capela do Santo Antón estará a Exposición Fotográfica ?Froito Novo, 40 anos na memoria?
*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos e lugares)
Para asistir ao XVIII Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán. Ao pé desta carta tes diversos xeitos para facelo.
DATA
24 de marzo de 2013
14:45 horas
LUGAR
Hotel Carlos´96
Av Lugo, 119 15800 Melide, A Coruña
MENÚ
Sopa
Cocido
Filloas
Auga, Viño, refrescos, café e chupito
PREZO
O prezo é de 15 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.com
Teléfono 986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
You can find Replica watches which can be exceptional, custom-made as well as.In choo#blgtk08#sing Rolex Replica watches,large is an additional factor that must 't be overlooked. |
|
|
Comentario por Replica Rolex (08-07-2013 04:01) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|