Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo. I Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove |
|
 Vanse levar a cabo durante a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2013.
Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas.
A parte didáctica vai dirixida ao público en xeral, tentando crear afección á nosa música de raíz con cursos e obradoiros sobre os diferentes instrumentos da música galega e as maneiras de tratalos e tocalos. Terá lugar o sábado día 2 de marzo, en xornadas de mañá e tarde, e mais o domingo día 3 pola mañá. Estas charlas, cursos e obradoiros van estar dirixidos por un gran mestre na música galega, Xaquín Xesteira Losada, profesor de gaita na E-Trad (Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo), director da Orquestra Folk Galega Sondeseu, compoñente do grupo Treixadura e tamén integrante de Os Faíscas de Solobeira.
O concurso de xoves gaiteiros solistas, que se vai desenvolver o domingo día 3 de marzo pola tarde, vai dedicado a mozos e mozas de 14 a 25 anos, co cal tentamos darlles un pulo para que a xuventude do país se dedique de cheo á música tradicional galega, pero, sobre todo, para que toque o noso instrumento máis distintivo, a gaita galega. Este concurso terá importantes premios para tentar promocionar os novos valores que tocan a gaita galega e que estará rexido por unhas bases que deberá cumprir quen queira participar (Anexo I).
Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
PROGRAMA
SÁBADO 2 DE MARZO
10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita
12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita
17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita
DOMINGO 3 DE MARZO
10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión
18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove
(Anexo I) Bases do Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas
Solicitude de inscrición no concurso
Solicitude de inscrición nos obradoiros
Descargar cartel
www.concellodogrove.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|