Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agresión da policía a un músico en Compostela
Un músico denuncia que a policía lle rompeu unha man en Compostela

Músico na Banda das Crechas, acompañante de Narf e de Uxía, Roi Vázquez terá que pasar máis de tres meses sen tocar despois de que na noite do pasado día 10 a policía lle fracturara tres falanxes dun dedo e unha noutro. Co informe médico na man, o luns recorrerá a cirurxía para recompoñer os dedos máis os médicos falan da perda dun 30% de mobilidade.


O xoves 10 de xaneiro, Roi Vázquez tocaba no pub Modus Vivendi coa banda de Narf. Despois continuou a noite cun grupo de amigos ata que, por volta das 4 da madrugada na rúa Virxe da Cerca unha patrulla da policía municipal parou un coche a súa beira e pediu identificación. Naquela noite desenvolvérase na Praza do Pan a concentración de apoio ao mozo independentista detido, Senlleiro, cos posteriores incidentes na cidade.

A policía empurrou a unha das mozas que ían canda Roi Vázquez cando sentiu que dicía ?sempre igual? e foi entón cando este lle preguntou ao axente ?Vesnos agredir por camiñar pola rúa??. Segundo conta o propio músico, naquel momento un dos axentes intentou inmobilizarlle a man fracturándolle tres falanxes nun dedo e unha noutro. Á patrulla municipal sumóuselle unha da Policía Nacional que conduciu a unha das mozas á comisaría de policía, segundo o relato do músico, onde tamén se dirixiron os seus acompañantes, entre eles, Roi Vázquez, que ía con idea de presentar unha denuncia por agresión. ?Negáronme o dereito a denunciar e dixéronme que se o pasara ben e que me coñecían dunha folga ademais de sinalar que non podía presentar denuncia sen parte médico? comenta.

Os axentes, segundo di, insinuáronlle que viña de participar nos incidentes posteriores á concentración ao que el respondeu que nesa noite tivera un concerto con moito público de testemuña. Roi Vázquez ten un parte de lesións emitido polo Hospital Clínico de Santiago onde se constata a fractura nos dedos e o próximo luns o departamento de cirurxía fará un diagnóstico completo da situación. ?As miñas mans son o meu medio de vida e agora terei que estar tres meses cando menos sen tocar" di Roi Os médicos indicáronlle que en catro meses non poderá utilizar a man dereita e que perderá a mobilidade do 30% para o resto da vida, unha situación especialmente complexa para este mozo que ademais de músico é luthier. Roi Vázquez presentará denuncia despois de ter o diagnóstico de cirurxía.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2013 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0