Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista con Cristina Pato
A artista vira cara ao jazz e presenta novo disco en Nova York onde imparte obradoiros en Harvard así como concertos en dúas xiras anuais no devandito país ademais de India e China.

"A xente ve a gaita como un instrumento exótico e non hai que esquecer que Estados Unidos é un país feito por emigrantes". Cristina Pato realiza esta reflexión alén do Atlántico onde imparte talleres en Harvard así como concertos en dúas xiras anuais no devandito país ademais de India e China. Está considerada unha das mellores gaiteiras do mundo por The New York Times. Hoxe mesmo, sae á venda o seu primeiro álbum con discográfica norteamericana. Titúlase Migrations e transpira jazz en cada nota a pesar de levar muiñeiras e pasodobres máis estándards.

-Cal é o caldo de cultivo deste novo disco?
-É o resultado do oito anos que levo xa vivindo en Nova York. Ten que ver co concepto de migración, de cando nos imos a outra parte do mundo sen perder as nosas raíces que se unen ás raíces doutras persoas que están na mesma situación. O feito de atoparme con outro músico galego, Victor Prieto, e ver a capacidade de expresión do seu acordeón no mundo do jazz; e o feito de ver tamén como a gaita atopaba o seu sitio de forma natural na música contemporánea foi o que me empuxou a facer este disco, o primeiro con discográfica norteamericana.

-Estréao hoxe.
-É a presentación oficial do disco con dous sets no Jazz Standard, en Nova York, que é un do tres locais míticos para o jazz nesta cidade. As entradas para o primeiro set xa están esgotadas e creo que vai ser unha noite moi emocionante.

-Cando chegará a España?
-O disco chegará a Francia en febreiro, e a España nos próximos dous meses. A discográfica está especializada en música jazz, e lanzarao en todas as plataformas dixitais.

-O músico Yo-Yo Ma foi clave para relanzar a súa carreira.

-Tamén foi a razón pola que hei postpuesto a miña volta a Galicia. Eu vin a Nova York a facer un doutoramento de piano clásico cunha bolsa da Fundación Barrié dando un respiro á gaita. A miña idea era estar tres anos. Neste tempo, coñecín a Oswaldo Golijov (compositor para Francis Coppola), el fíxome entender que a gaita tiña o seu oco no mercado da música clásica e foi el quen me levou da man a Yo-Yo Ma, co que colaborei en discos e acompañado en xiras. Con el, actuarei na Festa do Queixo en Arzúa en marzo.

-Dea detalles dos temas.
-Hai un pouco de todo, aínda que música tradicional-tradicional non hai moita. Si fago unha versión da "Xota de Pontevedra", pero en xeral son temas de autor e standards do jazz como "Dindi" (de Jobin). Despois, hai dous muiñeiras que son composición de Victor Prieto, un acordeonista galego de jazz que coñecín na infancia e que reencontrei en Nova York.

-Resulta difícil imaxinarlla de baixón.
-Hai unha frase que me acompaña sempre: "Todo o que pasa convén". Sempre hai que sacar unha conclusión positiva do que ocorre. Cando vin a Estados Unidos a facer o doutoramento, para min non era un bo momento porque necesitaba buscarme a min mesma outra vez. Non tiña claro se quería seguir como gaiteira ou volver ao meu soño de infancia de dedicarme á música clásica. Agora, doume conta de que podo levar os dous mundos.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2013 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer