Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIII Implícate! (Compostela)
VIII edición do Implícate! Noite de palabra e música solidaria

Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a nosa cita anual coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 13 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na oitava edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar.


O obxectivo de 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento galega, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara.

Este ano o cartel do VIII Implícate! Noite de música e palabra solidaria está formado por:

MÚSICA:
- Budiño
- Sés
- Xoán Curiel

DANZA:
- Quique Peón

LITERATURA:
- Carlos Negro
- María Canosa
- Eva Veiga
- Anxo Angueira


TEATRO:
- Roberto Vilar
- Rubén Ríos e Estíbaliz Veiga


Para levar adiante esta actividade contamos coa colaboración desinteresada de empresas, organizacións, institucións, personalidades, voluntariado, etcétera. Pero a túa contribución tamén é importante:

1. Se podes asistir ao Implícate, merca a túa entrada: As entradas (12 € xeral, 8 € estudantado) estan á venda na taquilla de Nova Galicia Banco, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43. Por suposto, tamén se poden mercar no propio Teatro Principal. Non agardes ao último día para mercar a entrada porque os últimos anos o .

2. Se non podes ir, merca fila 0: Está dispoñible unha fila cero (aportación mínima de 5 €) para @s que non poidades acompañarnos físicamente pero desexedes facer a vosa achega. Merca fila a 0 na taquilla de Nova Galicia Banco.

3. Tanto se podes asistir ao Implícate! coma se non axuda a cubrir os gastos de organizar o festival cunha doazón. Pódesnos facer unha transferencia na nosa conta:


NOVA CAIXA GALICIA: 2080 0531 11 3040010798
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2013 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer