Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruada de Aninovo en Pereiro de Aguiar.
Queixumes dos pinos invítavos a celebrar con nós a chegada do 2013 coa Ruada de Ano Novo. Será unha festa popular que organizaremos o vindeiro venres 4 de xaneiro a partir das 22:30 na praza da Derrasa, en Pereiro de Aguiar.

¡Agardámosvos!

¿Que é a Ruada de Ano Novo?
Unha festa tradicional (gratuita) a modo de foliada.

¿Para tocar e bailar?
Si, para tocar e bailar, pero tamén para cantar ou simplemente pasar con nós unha boa noite. Todo o mundo é benvido a aportar a súa música e os seus puntos de baile. Non hai escenario. Todo é libre.

¿Cando?
O venres día 4 a partir das 22:30 e ata que o corpo aguante. Para os máis festeiros e lambóns, remataremos a noite cunha chocolatada.

¿Onde?
A 10 minutos escasos de Ourense, na praza da Derrasa en Pereiro de Aguiar. Unha vez alí, non ten perda. Dende Ourense chégase pola C-536 (carreteira de Ponferrada) e ó chegar á Derrasa, xirando á dereita pola carretera dos Gozos, daredes de fronte coa festa. Adxunto, tamén vos enviamos un pequeno mapa.

¿Máis información?
No facebook de Queixumes dos pinos e no propio evento da Ruada. Alí iremos anunciando novidades. Tamén no Twitter (@queixumespinos). Se non, aclaramos calquera dúbida neste mail (qdp.our@gmail.com)

¿E se non podo ir?
A festa seguirá sen vós, pero haberá máis oportunidades. Pronto anunciaremos máis datas de ruadas no noso facebook.

O que si, poidades vir a celebrar con nós ou non, agradecemos que difundades esta mensaxe.

¡Feliz 2013!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-01-2013 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer