Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha revelación no mundo da danza |
|
 A compañía galega de danza Quique Peón Cía acaba de alzarse con dous importantes galardones en Madrid: o segundo premio do XXI Certamen de Coreografía de Danza Española e Flamenco e o premio do Conservatorio Superior María de Ávila. A "cía" de Quique Peón son dous mozos bailarines: Fran Sieira e o cangués Miguel Sotelo. Os tres xuntos puxeron en escena "Amizade", unha coreografía inspirada no folclore galego e que constitúe o cuarto acto da montaxe "Alendacroa". "Este recoñecemento resultou moi sorprendente porque de inicio non contabamos con chegar á final e tingamos medo a ser vistos case como uns marcianos", explica de bo humor Miguel Sotelo.
A maioría das propostas presentadas a este certamen enmarcábanse máis dentro do estilo do ballet e do flamenco, polo que a montaxe de "Amizade" foi a gran revelación do concurso e unha especie de sopro de aire fresco, tal como recoñece a crítica especializada. "As bases especificaban que era un certame de danza española, flamenco ou calquera outro baile tradicional do país, razón pola que decidimos presentarnos", argumenta o cangués. E en contra do que pensaban inicialmente, a acolleita foi "boísima" e moi calurosa.
A compañía de Quique Peón, irmán da música e cantante tradicional Mercés Peón, era a única galega que chegou á fase final celebrada o pasado fin de semana en Madrid, logo dun proceso de selección que só superaron o 40% dos presentados. Na fase final "Amizade" só foi superado por un conxunto integrado por bailarines do Ballet Nacional de España, que usaron vestuario e técnicos da compañía estatal. Ademais, o presidente do xurado do concurso era o propio presidente do Ballet Nacional de España. "Era moi complicado competir nesas condicións e con eses medios", subliña Miguel Sotelo, que malia todo destaca que "estamos orgullosísimos do traballo feito e do resultado acadado".
Quique Peón fundou a súa compañía en outubro de 2008 co obxectivo de "promocionar a cultura de Galicia en todas as súas manifestacións escénico-artísticas, con especial atención á danza" e así profesionalizar e "dignificar" a figura do bailarín tradicional galego. O ano pasado realizou unha serie de audiciones para buscar novos integrantes para a agrupación e foi nesas probas cando se fixou no cangués Miguel Sotelo.
A obra "Alendacroa" estreouse a principios de 2012 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e a elección concursar neste certamen co acto de "Amizade" débese a que era "a parte máis tradicional e vencellada ao folclore galego", apunta Sotelo. Ese segundo premio non foi o único recoñecemento que recibiron, senón que tamén gañaron o galardón do Conservatorio Superior María de Ávila. "Iso implica que ou ano que vén iremos a Madrid para montar unha coreografía de baile galego para eles", explican desde a compañía galega.
www.farodevigo.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|