Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Programa do DésCONCERTO EXPANSIVO
Xa temos o programa inicial do DésCONCERTO EXPANSIVO, que aínda irá recibindo adhesións no que resta de semana e que puntualmente iremos actualizando. Unha manchea de artistas e locais por todas partes para este sábado conmemorar o décimo aniversario da Marea de Dignidade, primeira manifestación organizada por Nunca Máis no Obradoiro, naquel pluvioso 1 de Decembro de 2002. Desde a Burla e o equipo de organización queremos agradecer a todos os artistas, colectivos e locais implicados o seu compromiso e boa disposición, que vén demostrar que non todo é esquecemento e pesimismo neste peculiar país que é o noso. Moita forza, moito humor e moito baile a todos e todas para este sábado.

Case todos os actos terán lugar ás 22h. agás aqueles que por variadas razóns teñan programado nun horario diferente. Estes días intentaremos concretar as horas exactas. Lembramos que na web da Burla, tendes o cartaz, os textos dos manifestos e variado material audiovisual nas nosas canles das redes sociais para uso e abuso de quen o precise. Para calquera dúbida ou información que precisedes, remitídevos aos correos da Burla Comunicación e Burla Produción.

PROGRAMA

Pousada das Ánimas. Boiro
Marearte. Performance
Os Mustang. Pop

Café Cultural Auriense. Ourense
Ultraqans. Rock

Café Rock Atlántico. Santiago
Xulio Abonjo. Actor
Marcos Orsi. Actor
Chiqui Pereira. Actor
Paula Carballeira. Actriz e contadora

Casa das Crechas. Santiago
Liga Gaiteira Galega. Folk.
Xosé Constenla. Canción.
Carlos Santiago. Monologuista
Pepe Penabade. Actor.

Café Bar El Puente. Santiago
Exposición Javier Iglesias
Xosé Barato
Rocío González
Foliada

CSA O Fresco. Ponte Areas
Sacha na Leira
Ocekaos

Baba Bar. A Coruña
Rungekutta
Alba

Bar Cazadores. Ferrol
Maria Manuela. Canción. Ferrol
Fernando Naveiras “Fefi”. canción. Ferrol
Antón Varela. Gaiteiro. Ferrol
Manolo Bacallao. Canción. Ferrol
Guillermo Fernández e Karlotti. Poetas. Ferrol
Bernardo Maiz. Historiador. Ferrol
Xosé María Dobarro. Filólogo. Ferrol
Roger de Flor
Marqués das Viñas. Canción
Roberto Grandal. Acordeón
Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe

A Repichoca. A Coruña
Maghúa. Cantareiros

A Regadeira de Adela. Santiago
Antón Coucheiro “Cou”
Micro-Impro

A Artística. Vigo
Cabaret Titán
Alfredo Rodríguez
Olga Cameselle

Bar Sursum Corda. Corrubedo
Teatro infantil.
Rockfamidas. Punk Rock
La Yegua Gris. Punk Rock

Asociación Flor de Toxo. Ribeira.
Cándido Pazó
Barco a pique, contada.

Festival “Rir por non chorar”. Lugo
ADEGA Lugo
Leo i Arremecajoná
Isabel Risco
Carlos Blanco

Ateneu Popular 9Barris. Barcelona.
Lo Petit Comité
Sundache
DJ Nacho

C.S. Gentalha do Pichel. Santiago
Vicky Pollard

Museo do Mar. Muros
Chévere. Citizen

Culturgal
Os Quinquilláns
Os da Ría
Os Irmandiños de Vincio

Pub Gatos. Melide
Toques do Caramulo

Praza de Abastos. Burela
Colectivo Cultural Buril.
Magosto Popular
Marosa Jazz Project
Medio Quinhón
Skohlma
The Broken Revenge

Teatro Ensalle. Vigo
Ibuprofeno Teatro. “Pequenos Actos Pseudorevolucionarios”

Pasarrúas performático. Porto do Son
Creación dun gran mural do mar.
Pasarrúas co grupo Rumbía.
Lectura de Poemas
Paco de Leña. Música
Mordecans (membros). Música
Curva a Esquerda. Música

Discoteca Sarela. Santiago
Festival da Asociación Cultural e Xuvenil ITACA

A Terraza do Nuadé. Sigüeiro
Lili Berlín. Cabaret

Local Social “A Tiradoura”. Cangas
Susana Moreira. Música
José Ramón Rocha. Música
Rosario Entenza. Música
Mª Jesús Torres. Música
Diana Rodová. Música
Jorge Rogero. Música
María Salgueiro. Actriz
Sonia Rúa. Actriz
Casilda Alfaro. Actriz

Taller de creación Atravesa. Santiago
Exposición “Manchas Negras”
Marcelo Gómez. Poeta

Restaurante Con do Sol. Illa de Arousa
Asociación Cultural e Deportiva DORNA
Xuntanza mariñeira
Música e Baile Tradicional

Praza Islandia de Maó. Menorca
Xan Xove. Performance
Chachas sen Fronteiras. Performance
Palco aberto. Jam Session

Auditorio Illa de Arousa
Roi Casal e a súa banda. Folk-pop

Pub D´Antón Rock Café. A Laracha
O Sonoro Maxín

Con do Moucho. Illa de Arousa
Zurumalla. Folk
Uxía Senlle. Canción

Auditorio Municipal do Carballiño
Excéntricas Teatro. “Oeste Solitario”

Liet Internacional 2012. Xixón
Copa cantábrica de Liriu-Billarda
Selección Galega de Billarda

Magosto do Viso. Redondela
Tanxarina. Títeres.
Pallasos en Rebeldía. Clown
Peter Punk. Compañía teatral

Máis…
Temos aínda varios grupos e locais sen confirmar ou en proceso de programación como o Colectivo Terra de Pontedeume, a Libraría Lila de Lilith, o Local Social A Rebusca de Manzaneda, o Centro Social Fuscalho do Baixo Minho, os grupos Camarada Nimoy de Vigo, Os Televisores de Pontevedra e Chantada, os Carunchos de Vigo, os Tira do Peito do Salnés, os Sapoconcho Galego, os Manicómicos da Coruña, Carlos Torres & Furakao de Teo, Pedro Brandariz e outros, que trataremos de resolver estes días con todo o empeño posible. E por descontado, aceptamos as inclusións de última hora que trataremos de responder na medida do posible.

Grazas a todas e todos e un saúdo.

DesPrestige. Nunca Máis!
http://aburla.tumblr.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-11-2012 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer