Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Budiño en Narón

BUDIÑO DE VOLTA
CONCERTO FIN DE XIRA
PAZO DA CULTURA DE NARÓN
XOVES 22 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS


Coa participación de:
Alumnos da Escola Municipal de Música de Narón
Sergio Martínez e Raquel Barredo de “O Fiadeiro”
María Xosé Silvar (SÉS)


Budiño pon fin a súa xira triunfal de presentación do disco “Volta”, que lle levou a percorrer distintos escearios de todo o mundo e os máis importantes do país. México D.F, Bogotá, Lorient, Bos Aires son algúns dos destinos nos que "Volta" fixo escala ata regresar a Galicia, a súa orixe.

Numeroso público puido gozar deste artista universal de raíz tradicional, que iniciou carreira musical coa edición do seu primeiro álbum “Paralaia”, do que cúmprense agora 15 anos. Un artista incansable que participa de distintos proxectos e que durante este ano mantivo tamén o espectáculo “iLalelo!” co coñecido actor “Carlos Blanco”.

Budiño que ao longo da súa traxectoria ten recollido diversos premios e nominacións, foi recentemente declarado “Huésped de Honor” pola Lexislatura da Cidade de Buenos Aires, título que recolleu fai uns días na súa última visita a República Arxentina.

Este concerto de fin de xira servirá para percorrer con Budiño non só o traballo realizado polo artista na grabación de “Volta”, senón para gozar dun espectáculo que como o propio Budiño, non se contén no formato no que viu a luz, senón que a partires del medra empapado polas vivencias das súas viaxes, no que cada día que pasa xorden matices que completan unha obra que permanecerá ao longo do tempo, e que sen dúbida formará parte da cultura dun pobo tan universal, como o propio artista.

Budiño pecha a súa xira para comezar o traballo do seu vindeiro álbum que sairá á luz no segundo trimestre de 2013.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2012 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer