Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XVIII Premio de Investigación Antonio Fraguas |
|
 A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XVIII EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN ?ANTONIO FRAGUAS? nesta materia de acordo coas seguintes BASES
1.Establécense DOUS premios:
1.PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros
2.PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros
2.A modo de orientación, para a presentación de traballos:
1.Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, presenten patróns, medidas, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou eses traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
2.Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS todos aqueles traballos que:
1.Pescuden información sobre o traxe tradicional en: inventarios post-morten, na tradición oral, na iconografía (gravado, pintura, fotografía), na literatura,na lingüística e na fraseoloxía.
2.Centren a investigación sobre: as crenzas e valores relacionados co traxe, na influencia que na indumentaria tiveron os poderes relixiosos, económicos e políticos, e sobre os aspectos sociolóxicos relacionados ca indumentaria tradicional como a dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc).
3.Traballos que documenten a feitura dun determinado traxe, non só amosando e catalogando as pezas que o compoñen, senón tamén, investigando, quen foi o autor ou autora do mesmo, que técnicas de elaboración foron empregadas na transformación das materias primas e tamén na teceduría,, nos adobíos, e nos enfeites das mesmas.
3.Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego: Rúa do Hórreo, nº 19.Galerías Viacambre Local 57-58, 15702 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2012
4.Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.
5.Presentaranse orixinal e tres copias encadernadas dos traballos
6.A Asociación do Traxe Galego reserva para si, os dereitos de publicación dos traballos premiados durante un prazo máximo dun ano contado dende a data de concesión do premio, podendo publicalos, se así o estima conveniente, e mantendo os seus autores/as os dereitos de propiedade intelectual. Pasando dito prazo os dereitos reverterán no autor/a do traballo premiado.
7.O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.
8.O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.
9.O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poderan xurdir nas súas deliberacións.
10.Quedará o Xurado autorizado para interpretar o espírito deste premio de investigación nos casos nos previstos nas bases.
11.Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.
12.Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse os seus autores/as dentro do mes seguinte o veredicto do Xurado.
13.O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|