Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán do Samaín (Redondela)
Este mércores 31 celebrarase na Alameda de Redondela o que xa ven sendo tradicional nos último anos Samaín. Este comezará as 17:30 h con diversos obradoiros para nenos e nenas; obradoiro de decoración de cabazas nos que os nenos e nenas deberán traer a súa propia, obradoiro de maquillaxe e outro de manualidades. As 18:00 h comezará o Magosto con castañas para tódolos asistentes, aínda que a novidade deste ano será o Concurso de Postres con Cabaza ou Castañas que dará comezo as 20.30, polo que animamos a toda a xente que o desexe a participar. Durante a xornada haberá ambientación musical ata chegar as 21:30 h, momento no que dará comezo o Serán popular no que calquera grupo tradicional é benvido a tocar.


Queremos resaltar e lamentar que este año o Concello de Redondela comunicara onte mesmo, luns día 29, que deixa de colaborar e apoiar o xa consolidado Samain de Redondela, que integra á súa vez o Magosto de Redondela e o único Serán urbano da Vila, despois de que esta institución levase máis 5 de anos organizándoo xunto coa Asociación Xoeira, Millo Verde e a Asociación Cultural Santa María do Viso. As asociacións participantes consideran inexplicable que unha actividade xa consolidada e deste calado, sempre apoiada dende esta institución local, sufra un menosprezo de tal calibre. Deste xeito obrígase na presente edición, e unha vez xa anunciado o evento, que todo o peso da súa organización recaia plenamente nas tres asociacións sen apoio, colaboración, nin axuda por parte do Concello para poder realizar un evento a altura de edicións pasadas e cunhas infraestruturas mínimas necesarias para que os veciños de Redondela e arredores poidan gozar dun evento que recupera e leva ó mesmo centro da vila tres aspectos relevantes da cultura tradicional galega.


Tamén, e unha vez coñecido este caso, dende a Plataforma pola Defensa da Cultura laméntase que se sigan dando por parte do Concello de Redondela este tipo de situacións que dificultan o traballo e as actividades de moitas asociacións en prol dos veciños e veciñas do concello.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-10-2012 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer