Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premio IAR do folclore galego
BASES PREMIO “IAR” DO FOLCLORE GALEGO

O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.


Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:

1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “IAR” está aberto ate o 7 de Novembro, valorando nesta vixésima edición o labor realizado ata finais do ano 2011, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4. As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

5. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio “IAR”

6. O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

7. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio “IAR” anterior.

8. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

9. O Premio “IAR” 2012 fallarase antes da celebración da XXI edición do Festival de Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Centro Sociocultural Ágora, o vindeiro 17 de Novembro de 2012.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer