Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Espazo activo do Ulla
Programa 2012:

Sábado 27 de Outubro

Ás 16.30 horas comezarán os actos do Espazo Activo da Ulla na parroquia de San Miguel de Sarandón, coa celebración do Pasabodeghas, unha ruta gaiteira con degustacións polo sete adegas participantes no evento. Os asistentes poderán adquirir o pack pasabodeghas por 10€ e inclúe unha xerra conmemorativa con degustación de viño e petisco polas adegas.

A ruta contará co acompañamento musical das Sobreiras do Ulla, Regachos de Matamulleres, O Ghusto do Boi, Agarimo, A Ferreña Furtiva, os Re-voltas, Vouvirvorver, Raiolo, os Esfolladores de Illobre, Vai de Roda, Devotos do Folclore, os Ke Hai, O Recobío, Xarandeira, Trécola, Varacuncas, os de Couso, Celturia...e demais grupos que queiran participar.

Durante a xornada tamén haberá xogos populares con Raiceiros, Cabezudos con Rebulir, Monicreques con Pés Ceibes, exposicións, obradoiros, artesanía, etc. Pola tarde, no campo da festa celebrarase o Festex-Arte e un Magosto Popular.
A partir das 23.00 horas animarase a festa coas actuacións musicais a cargo de Pet Piper's Project, Carapaus e Cuchufellos.

Domingo 28

Na xornada dominical comezará a festa coa sesión vermú ás 13.00 horas e a continuación Xantar Popular cun menú composto de empanada de cogumelos e bonito, carne ó caldeiro e para a sobremesa, queixo con marmelo, bizcocho e café con pingas. Todos os que desexen gozar do menú deberán retirar a invitación por un prezo de 15€ persoa.

O día estará animado coas actuacións a cargo da Asoc. Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, A Gaita de Sarandón, as pandereteiras de Silandeira e Deladeiras, os Campantes da Baña, Aloumiños, os Pequenos, os Laxeiriños e A Requinta da Laxeira.

Ás 18.00 horas, poderase gozar dun espectáculo circense e de malabares a cargo de Rudi Dudi (Clowntamination).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer