Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ultreia: Alalá do martes 20 de marzo

Neste Alalá, o espectador vai aprender moitas cousas que seguramente descoñecía da historia do folclore galego: instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; os traxes vistosos de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época, desde o gaiteiro que tocaba só a charanga.
Nisto consiste o concerto didáctico que Ultreia leva varios anos a representar para os rapaces das escolas, para achegarlles a inmensa riqueza do folclore galego.

O Obradoiro de cultura tradicional Ultreia, un dos grupos máis destacados na investigación e na representación do folclore galego, naceu hai catorce anos e desde entón é un dos grupos máis aplaudidos tanto polo seu labor de investigación coma pola espectacular posta en escena. O programa permitirá coñecer os seus compoñentes, xente nova pero con moita experiencia no mundo do folclore. Son estudantes, amas de casa, perruqueiros, artesáns, doutores en ciencias, nais e pais, que se senten na súa salsa, tanto nos ensaios coma nas recollidas que fan polas diferentes aldeas de Galicia na procura dos segredos musicais dos máis vellos.

O tempo que lle dedican a Ultreia róubanllelo á familia, aos amigos e aos traballos, pero basta con ver o que se divirten tocando e bailando para entender que lles paga a pena. Toda a forza, a alegría e a cor de Ultreia estarán sobre o escenario deste concerto didáctico, co que os espectadores de Alalá van aprender e gozar tanto coma os nenos a quen vai dirixido o espectáculo.
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2007 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Onte tiven a oportunidade de ver o Alalá e podo dicir que disfrutei dunha clase maxistral de bo facer.
Alucino con Pablo, menudo máquina! Da gusto #blgtk08#escoitar falar a quen sabe tanto, e se non que nolo pregunten os que estivemos o día 18 no Caixanova.
Felicidades para todos os membros de Ultreia.
Comentario por Nuria (21-03-2007 15:44)
2 Pois eu botei de menos ás pandereteiras e ós gaite#blgtk08#iros, que ó fin e ó cabo SON o núcleo de Ultreia.
Comentario por Ana (22-03-2007 11:15)
3 Pois eu botei de menos ás pandereteiras e ós gaite#blgtk08#iros, que ó fin e ó cabo SON o núcleo de Ultreia.
Comentario por Ana (22-03-2007 11:39)
4 enoraboa os compoñentes de Ultreia, a todos g#blgtk08#ustoume moito o programa sobre todo o baile
Comentario por Miriam (18-04-2007 23:00)
5 Os comentarios feitos polas pandereteiras, pareceronme pouco orixinais; como se no#blgtk08#ta que Pablo non pode arranxar os aspectos a marxe do folclore puramente artístico
Comentario por Rodrigo (20-04-2007 15:25)
6 A verdade, é que o aire que lle dan os musicos de ultreia non o consigue ningun outro. ese saber estar no escenario das g#blgtk08#aitas, percusions, e como non, o saxo e o clarinete son encomiables.

as pandereteiras son un mundo aparte.
Comentario por decatlon (01-02-2008 21:01)
7 Un dos grupos tradicionáis que mas me faceron disfrutar d#blgtk08#a musica enxebre. Gracias polo voso traballo, vos admiro.
Comentario por R.Carracedo (24-11-2008 00:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer