Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXI Premios IAR

¡DE NOVO CHEGOU O PREMIO IAR!, E XA VAN 21 ANOS!

Poñémonos en contacto con vos para informarvos de que o vindeiro 17 de Novembro do 2012 ás 19:00 h. terá lugar no Centro Sociocultural Ágora o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XXI edición.


Queremos animarvos a coñecer o Premio IAR de Folclore Galego, que levamos realizando dende hai 21 anos. Agora ben, se tes algún tipo de vinculación co folclore galego, ¡ANÍMATE! ou ¡ANIMA!, propoñendo a túa candidatura ou a terceiras persoas para ser galardoado, como foron no seu momento os que referenciamos no Anexo.

Unha vez máis, insistimos especialmente en que calquera persoa, grupo ou asociación que realice unha labor de potenciación, traballo, coñecemento, e demais pola nosa cultura pode optar a este Premio. É a nosa mais sinxela maneira de recoñecemento.

Axuntamos as bases que rexerán a XXI EDICIÓN DO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ate o 7 de Novembro.

As candidaturas deberán remitilas a :

XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com

O fallo do xurado e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL.

BASES PREMIO “IAR” DO FOLCLORE GALEGO

O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:

1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

1. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “IAR” está aberto ate o 7 de Novembro, valorando nesta vixésima edición o labor realizado ata finais do ano 2011, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

2. As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

3. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio “IAR”

4. O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

5. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio “IAR” anterior.

6. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

7. O Premio “IAR” 2012 fallarase antes da celebración da XXI edición do Festival de Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 17 de Novembro de 2012.



Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.VV. Castrillón-Urbanización Soto “IAR”
Servando López González
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer