Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Certame do Traxe tradicional galego de Lugo |
|
I CERTAME DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO DE LUGO
O día 7 de outubro, dentro do programa de Festas do San Froilán, a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo convoca o I Certame do Traxe Tradicional Galego coas seguintes
BASES
1ª Poderán concorrer todas as persoas que o desexen, cubrindo a folla de solicitude que se facilitará na páxina web do concello de Lugo www.sanfroilan.info.
2ª. Na folla de inscrición sinalarase: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe; se este é antigo ou de nova feitura; comarca de procedencia; época á que pertence; e as pezas que compoñen o traxe. Esta información deberá acompañarse de toda a documentación necesaria para a valoración do traxe por parte do xurado (fotografías, descricións, etc...) Non se admitirá traxe ningún que non veña suficientemente documentado, agás na modalidade de traxe infantil, na que só se esixirá que se respecten os canons da vestimenta tradicional.
Na categoría de grupo cubrirase unha folla de inscrición única e acompañarase das fotografías dos traxes que se van presentar, indicando as comarcas ás que pertencen.
No apartado de nenos/as poderán participar concursantes de 0 a 14 anos.
Os traxes antigos, debido ás reducidas dimensións das pezas, poderán ser presentados por nenas ou nenos sen que se considere, por iso, categoría infantil.
Unha vez aceptada a inscrición enviaráselle a cada inscrito un número de participante, que é o que indicará a orde que ocupará no desfile e na presentación dos traxes diante do Xurado.
No mesmo impreso atoparanse as normas de organización que rexerán a presente edición do certame .
3ª O prazo de presentación de solicitudes para participar no certame remata o día 2 de outubro ás 24:00 horas, e deben ser enviadas por correo electrónico ao enderezo cultura@concellodelugo.org.
4ª Todos os traxes feitos na actualidade débense inscribir como traxe moderno, sendo imprescindible que garden o canon do traxe antigo.
5ª Os traxes antigos deberanse presentar como tales, facendo referencia detallada aos seus antecedentes e procedencia.
6º Sexan os traxes antigos ou modernos, os seus tecidos serán naturais e de uso tradicional, e a súa feitura e os seus adornos axeitaranse aos patróns tradicionais.
7º É condición imprescindible que tódalas prendas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo.
8ª Non poderán combinarse prendas de distinta comarca.
9ª O Xurado, no momento da súa deliberación, terá moito en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das pezas que o compoñen, e tamén dos restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado, etc., así como a documentación e información aportada e mais a explicación que se faga no momento da avaliación .
11ª O Xurado será nomeado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e estará constituído por expertos na materia que traballen en institucións e grupos vencellados á cultura tradicional galega, asistidos por un secretario con voz e sen voto.
12ª O Xurado será designado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, terá todas as facultades para a interpretación destas bases e poderá outorgar as mencións que xulgue convenientes.
13ª Establécense os seguintes premios:
PREMIO TRAXE ANTIGO COMPLETO
Homes: 300 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres:300 EUROS e agasallo conmemorativo
PREMIO TRAXE MODERNO
Homes:
Primeiro Premio: 200 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 100 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres:
Primeiro Premio:200 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 100 EUROS e agasallo conmemorativo
Nenos:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
Nenas:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
PREMIO ESPECIAL de 400 EUROS para o grupo de máis de 10 persoas que se inscriban como asociación, grupo folclórico, etc., e do que ningún dos membros estea inscrito no certame de xeito individual.
PREMIO ESPECIAL DE 100 EUROS á mellor peza ou conxunto de pezas antigas que non compoñan un traxe completo.
www.sanfroilan.info |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|