Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Certame Folk A Voz de Galicia (Compostela)
Hoxe martes 28 de agosto en Compostela
Carapaus, Saltanocribo, Pablo Seoane Grupo e Kérkennai encherán A Quintana de ritmo a partir das 19 horas

Cando aínda resoan os ecos do poderoso ruxido do Tigre de Gales, Tom Jones, na Quintana, a praza santiaguesa préstase de novo como escenario para o Certame Folk, un encontro musical organizado pola Voz de Galicia, Eurolingua, Grupo Brea e Multiusos Fontes do Sar que pretende pór en valor o rico patrimonio artístico da comunidade galega.

Para reivindicar os sons máis auténticos de Galicia os organizadores do evento, que está patrocinado polo Concello de Santiago, contan coa colaboración de cinco grupos que ao longo da tarde de hoxe demostrarán que a música tradicional e o folclore galego gozan de boa saúde. Carapaus, Saltanocribo, Pablo Seoane Grupo e Kérkennai encherán A Quintana de ritmo a partir das 19 horas, pero a festa no centro histórico comezará antes coa actuación da charanga O Recobio de Vaamonde, que a golpe de gaita será a encargada de caldear o ambiente e ir dirixindo a veciños e visitantes cara á praza, onde a partir das 17 horas poderase participar en diferentes talleres artesanais.
A creación de xoguetes tradicionais e as clases de baile galego, de percusión e de pandereita aseguran o entretemento para toda a familia antes dos concertos.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-08-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer