Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II foliadiña no parque de Sta Margarida ( A Coruña)

Chega a Romaría de Santa Margarida, e por segundo ano queremos que comece a celebración un día antes.

Por iso convidamosvos o VENRES 24, a partires das 19:30, a unha foliadiña no parque de Sta Margarida, na Coruña.
Isto vai ser un acto espontáneo. Nin máis (nin menos) que chegar e tocar. Non contamos con permisos, nin teremos luces, nin megafonía, so fan falta as nosas ganas pra divertirnos.

Faremos a foliada en dous tempos:

Comezaremos a partires das 19:30 no Muíño, onde está o estanque dos patos.Para temperar dispoñemos do ambigú de parque, pra quen lle preste.
No momento no que se poida acadar un quórum ou se os bailaríns demandan pista moverémonos á explanada da Casa das Ciencias, a uns 30 metros do lugar.

Contamos convosco, non nos faltan motivacións. Primeiro porque queremos pasalo ben, reivindicar a finde da Romería e por outra facer proveito do monte e a súa Romaría que veu esmorecendo pola despreocupacion de moitos.
Animávosvos a vir con gaitas, clarinetes e percusión,... coas ganas de botar unhas bailas, e tamén pra os que queiran sumarse e desfrutar do bo ambiente.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-08-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer