Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival `Quintana dos Vivos´en Compostela
A primeira sesión dos concertos Quintana de Vivos, que se celebrará este venres ás 21:00 horas na praza da Quintana, será de balde.

Así o confirmou o representante dos establecementos de hostalería encargados da organización deste evento –"Os catro da Quintana"–, Félix García, que manifestou que este é un xesto "para axudar á cidade" e para que todos os cidadáns "poidan desfrutar da proposta musical que ofrecemos".

Deste xeito, todo aquel que se achegue este venres á emblemática praza compostelá poderá gozar dun espectáculo de cinco horas de duración, coas actuacións de Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Astarot, Uxía, Vaamonde, Lamas & Romero e os pandereteiros de O Fiadeiro.

Ao tempo, Félix García informou que o importe de todas aquelas entradas que xa foron vendidas –unhas 800–, será reintegrado nos puntos de venda onde foron adquiridas. Ademais, o representante de Os Catro da Quintana –Pub La Quintana, Café Bar El Santiagués, Crepería Cre-Cottê e Café Literarios– salientou que o 10% do total da recadación das barras de consumición instaladas na praza será destinado á Asociación Contra o Cancro.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-07-2012 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer