Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cantos da taberna en Pontevedra
Para rematar con esta serie de intervencións periodicas nos Cantos de Taberna de Pontevedra, este venres dia 27 contaremos ca presenza do grupo musical “OS SUSTOS” de Couso.

Esta formación musical é orixinaria da parroquia
estradense de Couso, famosa a parte de pola súa ponte colgante e os seus cotos salmoneiros do rio Ulla, pola súa tradición musical. Alí teñen lugar algunas das convocatorias mais afamadas no espectro da música tradicional do país, como son o festival “As nosas músicas”, no mes de agosto; e a súa festa de Outono.

O grupo Os Sustos, ven de facerse no mes de abril co primeiro premio na terceira edición do prestixioso Concurso de Cantos de Taberna que a asociación O Castelo celebrou no marco da VIII Foliada de Melide.

O repertorio estará composto por pezas, todas elas de música tradicional e “de taberna de toda a vida”, así como por fenomenales adaptacións a este xénero de recolleitas de ruadas e seráns efectuadas por membros do grupo. Entre elas podemos citar GARGAMALA, ou SABAXANS.

De seguro pois, que esta actuación non vai pasar desapercibida, tanto pola execución musical, como pola propia posta en escea; que de seguro será do agrado de tódolos asistentes.

Como de costume, estarán acompañados polo grupo Maravallada, de Pontevedra, que irá abrindo camiño nos primeiros minutos de cada intervención.

Dende o Concello de Pontevedra e a asociación Maravallada convidamos pois a todos a que nos acompañedes nesta nova xornada de Cantos de Taberna en Pontevedra, que comezará as NOVE DA NOITE na taberna A CASA DO LADO, na Praza da Leña; para continuar as DEZ por O PARVADAS (Casa Fernandez) na rua Gonzalez Zúñiga, 4 a carón da igrexa da Peregrina; e as ONCE rematar na taberna OS MARISTAS, na Praza da Verdura.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer