|
|
|
|
|
|
| Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) |
|
O Memorial Ricardo Portela cambia o seu formato e trasládase ao venres
A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela que neste edición presenta importantes novidades, segundo explicaron a concelleira de Festas, Carme da Silva e a representante da Asociación de Gaiteiros galegos que colabora co Concello na organización do Memorial.
Nesta edición o Memorial desenvolverase o venres, 13 e o sábado, 14 de xullo na praza da Ferraría, onde compartirán espazo os concertos e a mostra de artesanía e instrumentos tradicionais. Por vez primeira non haberá concurso de agrupacións porque “o memorial naceu co propósito de fomentar a participación dos grupos na música tradicional, pero está claro que é un memorial consolidado que xa precisa outro tipo de celebración”, explicaba a concelleira Carme da Silva. O concurso substitúese por concertos e pasarrúas durante as dúas xornadas.
A mostra de artesanía estará aberta o venres de 17.00 a 21.00 horas e o sábado de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas. Contará coa presenza de 12 artesáns:
• Xaneco Tubío,
• Xosé Tuñas
• Foliqueiras
• O Chilro
• Oli Xiráldez
• Pablo Carpintero
• Xermán Arias
• Obradoiro de Instrumentos tradicionais Mouriño
• Master Gaita
• Lorena Reinaldo
• Rebollo Instruments
• Afonso Castro
Os pasarrúas correrán a cargo dos grupos Os Folerpas que actuarán o venres ás 19.00 horas, e os Lerenses que o farán o sábado ás 12.00 horas e Picuiña e Os enxebres de Cacheiras que animarán a tarde do sábado a partir das 19.00 horas.
En canto aos concertos serán as 21.00 horas, o venres a cargo do grupo santigués Carapaus, e o sábado á mesma hora será a cargo do grupo redondelán Tanto nos ten.
Este Memorial Ricardo Portela pretende homenaxear, tamén, a Xosé Manuel Seivane, falecido en xaneiro deste ano, e que nas anteriores edicións colaborou co Memorial. De feito, un dos premios do concurso era unha gaita Seivane. Carme da Silva anunciou hoxe que o sábado está previsto unha homenaxe tanto a Ricardo Portela como a Xosé Manuel Seivane, na que estarán presentes familiares dos dous maestros gaiteiros de Galicia.
|
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|