|
|
|
|
|
|
| Abobriga prepara disco |
|
Folk baionés de onte e hoxe en CD
Abóbriga lanza o seu primeiro traballo con temas propios e antigas cancións da vila real recollidas da tradición popular e do Arquivo Provincial
O primeiro disco da banda folk baionesa Abóbriga xa está no forno. Os últimos arranxos cocen o traballo, gravado no estudo Casa de Tolos de Gondomar, para a súa presentación o próximo 31 de agosto nun concerto na praza do Concello.
Os seus 16 temas ofrecerán unha mostra da historia da da música tradicional do municipio combinada coa da actualidade. Mesturan composicións propias como o "Pasacorredoiras de Abóbriga" con cancións populares como a "Muiñeira de Baiona" e a "Foliada de Baiona", recompiladas da tradición oral. Mesmo presentan unha xoia inédita: unha danza de espadas que recupera ritmos antigos atopados no Arquivo Provincial de Pontevedra.
As mil copias deste primeiro traballo distribuiranse a través de internet e en establecementos do municipio, mentres a banda pensa xa no seu segundo disco, para o que xa dispoñen de material.
www.farodevigo.es |
|
|
|
|
| 2 Comentario(s) |
|
| 1 |
Agardamo-lo CD con ansia, e xa se me van os pés ;-). Amigos#blgtk08#, vémonos en Matamá, no "Sons da Lameira". Moita bosta!!! |
|
|
Comentario por Xan (04-07-2012 10:28) |
|
|
| 2 |
Compañeiros,
Parabéns!
Polo norde andamos ao mesmo..#blgtk08#.. Podemos preparar unha presentación conxunta!
Forte aperta! |
|
|
Comentario por Davide Maghúa (09-07-2012 20:06) |
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|