Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premio da música independente ao disco de Uxía
Os Premios da Música Independente, que recoñecen o traballo dos profesionais do sector en todo o Estado, premiaron o álbum Meu Canto de Uxía, como o mellor disco de música de raíz.

A cantante recolleu, a noite do luns, o seu galardón nunha gala celebrada no Teatro Arteria Coliseum da Gran Vía madrileña. O premio serve para visibilizar un traballo moi coidado, pero tamén para romper prexuízos cara aos músicos da periferia e prestar máis atención ao que pasa por aquí, explica cunhas palabras que resumen tanto a súa traxectoria individual como o seu empeño en conseguir un recoñecemento global da música galega.

Máis de 3.000 candidaturas presentáronse a estes premios para optar a unha trintena de categorías a concurso. Un centenar de profesionais elixiu os finalistas e, a partir de aí, o público tomou a decisión final a través dunha votación popular en Internet, onde Uxía superou a outros artistas galegos como Talabarte e Banda Crebinsky ou ao recoñecido Eliseo Parra. Había tamén varios galegos nomeados noutras categorías, algúns dos cales obtiveron o seu recoñecemento, como os coruñeses Mushroom Pillow ao mellor selo discográfico. Defensora da música de raíz como un espazo vivo nada inmovilista, que se mestura e que viaxa ben, Uxía acompaña as súas palabras con feitos: no outono iniciará unha xira por Brasil.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2012 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer