|
|
|
|
|
|
| Curso de técnica de gaita en Madrid con Pablo Devigo |
|
Curso de técnica de gaita con Pablo Devigo na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 7 e 8 de xullo.
A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de técnica de gaita para os días 7 e 8 de xullo nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas en mellorar a súa técnica, corrixir aspectos ou a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega.
Para realizalo contaremos coa presenza de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas e que está chamado a ser unha referencia importante na gaita galega. A súa forma de tocar e concepción da gaita cambiou o panorama ao buscar novas fronteiras tanto na interpretación como na composición.
Neste curso de técnica, tratarase de darlle ao alumno as nocións para a ornamentación das pezas. O curso será eminentemente práctico e traballarase un repertorio tradicional e de autor así como outros aspectos como a saúde e práctica postural e a afinación do instrumento.
O prezo é de 85€ (65€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición.
Máis información en www.juanluna.es ou en www.apintegamarela.org |
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|