Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto-homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Vigo

A Consellería de Cultura e Educación organiza na cidade da oliveira un concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que terá lugar hoxe martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, e que será de entrada aberta e gratuíta.


O evento congregará diversas propostas artísticas, dos ámbitos musical e poético, baseadas na obra do escritor, da man de voces novas da cultura galega.

As actuacións de Ataque Escampe, El Puto Coke, Patricia Moon e Frans Banfield, Davide e Luis Emilio Batallán compartirán escenario coas intervencións de Inma López Silva, Rexina Vega ou Xesús Alonso Montero. No concerto, que será presentado por Yolanda Castaño, tamén participarán alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, así como a Coral de Beade.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer