Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

Xa está aberto o prazo de inscrición para o XXV Curso de Cultura Tradicional 2007. Este ano, ó conmemorarse o 25º aniversario, faremos algunhas actividades parellas, como exposicións, concertos didácticos, publicacións, etc. Tamén é importante destacar que, este ano, todo o profesorado está composto por mulleres, salientando con este feito o noso rexeitamento á discriminación por razón de sexo. Outra novidade é que, por primeira vez, optamos por cobrar unha pequena cantidade en concepto de matrícula (30€), o que complica un pouco máis a inscrición no curso, polo que pedimos disculpas polas molestias.


PROGRAMA DO XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA.

Días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa).

- Lugar: LUGO, AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N

- Especialidades: 1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

- Prezo de matrícula: 30 € (20 € para os socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos). Pagamento na conta de Caixa Galicia: 2091 0152 29 3040026419

- Inscricións - DATOS NECESARIOS: Nome e Apelidos, DNI, Tfno, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. TERÁ QUE XUNTARSE XUSTIFICANTE DO PAGO DA MATRÍCULA.

As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 - E-mail: inscricions@cantigasefrores.com. Para evitar perdas de tempo, é preferible empregar o fax ou o enderezo electrónico.

- Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

- Programa previsto.

DÍA 5 Xoves:

09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 6 Venres:

10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 7 Sábado:

10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 17:00 Clase práctica
17:30 a 19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.
19:00 Concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero.

PROFESORADO

Mª Luisa Sarmiento (Técnicas de Gaita).
Mestra de gaita e integrante de “Froitos do Deza” e do dúo de gaitas e tamboril “Canivela”

Felisa Segade Otero (Técnicas de canto e pandeireta)
Comezou a súa formación no ano 1977 nos grupos Don Bosco e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. Na actualidade é compoñente fundadora do grupo Leilia. Desenrola tarefas de docencia e dirección no grupo Brincadeira, ademais imparte clases de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións culturais. Ademais, ten feito un importante traballo de recolleita ten impartido cursos e charlas sobre música e baile tradicional por todo o mundo. Participou na grabación de discos con: Alecrín, Milladoiro, Diplomaticos de Monte Alto, Emilio Cao, Kepa Junquera, Pilocha, Rumbadeira, etc.

Lola de Ribeira (Técnicas de percusión tradicional).
Mestra de percusión tradicional nas escolas de Ribeira, Porto do Son e Ancoradoiro. Diplomada en Educación Musical. Colaboradora cos grupos Ancoradoiro, Fiandola e Orfeón Terra Nosa, entre outros.

Mercedes Prieto Martínez (Técnicas de baile tradicional).
Licenciada en danza pola facultade de Motricidade Humana en Lisboa. Pertencente á Asociacicón Pé de Xumbo e exerce docencia no centro galego de Lisboa.

Mª Xosé López Villar (Técnicas de zanfona e canto).
Integrante de diversos grupos entre os que destacan Muxicas, Anamoura, Na Virada e Xistra de Coruxo, cos que ten gravada abundante discografía. Foi membro da xunta directiva da AGG. Participou en diversos proxectos de concertos didácticos. Imparte aulas de gaita e zanfona en varias asociacións culturais e escolas de música de Galiza e Portugal.


- Coordinación do curso: Mónica Fernández Fernández

- Organiza:
Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo.

- Patrocinan:
Sociedade Anónima de Xestión Xacobeo – Consellería de Industria.
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Consellería de Cultura e Deporte.

- Colaboran:
Excmo. Concello de Lugo.
Asociación de Gaiteiros Galegos.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2007 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer