Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Normalización do traballo gaiteiril

Os gaiteiros están fartos de ser considerados músicos «de segunda» de modo que iniciaron unha ofensiva para tratar de dignificar as súas condicións laborais. A batalla empezou por Arousa, onde onte á noite estaba convocada unha reunión de vinte e tres agrupacións para abordar a cuestión, pero todo apunta a que as repercusións desta iniciativa traspasarán as fronteiras locais.

A proposta que se puxo sobre a mesa é establecer unha tarifa mínima, ao redor das 250 euros por actuación. A partir desa cantidade, cada agrupación terá liberdade para contratar os prezos que lle pareza oportuno en función da súa calidade artística.

O colectivo considérase ninguneado por moitas comisións e intermediarios que tratan de regatear á hora de pactar os seus honorarios e que os minusvaloran fronte ás bandas de música e as orquestras, por exemplo, nos rótulos dos carteis.

A reivindicación dos gaiteiros tamén se refire a aspectos relacionados coa seguridade. Aínda é frecuente ver aos grupos dando as alboradas sobre camionetas e tractores compartindo espazo co fogueteiro, o cal, ademais dun problema evidente de ruído, leva un risco para a súa seguridade.

Son moitos os músicos que sufriron accidentes ao envorcar o vehículo no que viaxaban ou ao explotar unha bomba de palenque, en máis dun caso con resultado de amputación dalgún membro. Ante este panorama, os gaiteiros van esixir ás comisións que contraten un seguro de responsabilidade civil «ao cal están obrigados por lei», matizan.

A proposta partiu de Arousa, pero non terá problema en atopar eco noutras comarcas de Galicia. De feito, comulga plenamente cunha vella aspiración da Asociación de Gaiteiros Galegos que se creou, precisamente, para lograr este tipo de conquistas para os músicos. Hoxe conta con 551 socios dos que aproximadamente a metade son gaiteiros.

Con este obxectivo, a asociación vai celebrar en maio unhas xornadas sobre xestión fiscal e laboral que perseguen a dignificación dos músicos tradicionais, empezando por eles mesmos. Aínda que cada vez menos, aínda hai moitas agrupacións que actúan baixo acordos verbais e cobrando en negro, sen ningún documento contractual polo medio. Para lograr a ansiada profesionalización hai que empezar pola súa regularización a efectos fiscais, de modo que os grupos débense constituír en asociación cultural ou en empresa. «Deste xeito se conseguen un dereitos e beneficios para ou sector fundamentais», segundo explica o presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, Santiago Caneiro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer