Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación oficial do novo disco dos Cempés
PRESENTACION A MEDIOS E AMIGOS

Luns 28 de Maio
19 horas
CASA DAS CRECHAS
Santiago de Compostela


O Luns 28 na Casa das Crechas terá lugar a presentacion oficial do disco que fixemos entre todos.
É un acto para Prensa, colaboradores e alguns invitados. Na parte de abaixo do bar, ás 19h. celébrarese a rolda de prensa e tocaremos 4 ou 5 temas acompañados de algúns dos músicos da Escola Livre da MPG.

Se asiste moita xente, seguramente terá que limitarse o acceso, pero despois estaremos por alí tomandolle unhas cervexas , vémonos entón na Casa das Crechas ata horas non mui indecentes..... que ao dia seguinte temos que seguir pola mañan coa promoción.....

Os Cempes voltan aos escenarios cun novo album para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto.

Para gravar este traballo contaron coa colaboración das Mozas e Mozos da Escola Livre da MPG, con músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero, Pablo Doval...

Unha selección especial de música bailable, do mellor da tradición musical galega ao estilo inconfundible de Os Cempés.

TENTEMOZO é un proxecto que foi posible grazas ós seguidores e amigos de OS CEMPÉS, as suas aportacións económicas a través de crowdfunding, o seu calor e apoio foron decisivos para gravar este traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer