Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

A Asociación Cultural Xacarandaina celebra coma tódolos anos este domingo 27 de maio o seu XXIII Concurso de Música Tradicional.


O XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina terá lugar o día 27 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña, en sesión de mañá ás 11:00 h. e en sesión de tarde ás 17:00 h.

Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. Esta última modalidade incorporouse o ano pasado como novidade, aínda que cando se creou o Concurso, hai xa 23 anos, era a única modalidade instrumental. A división das categorías realízase do mesmo xeito que no concurso de baile, aínda que varían segundo as modalidades: no apartado de pandereteiras cóntase con catro categorías, no de cuartetos de gaita cóntase con dúas categorías, e no apartado de gaiteiro solista existirá unha única categoría.

No concurso poden participar grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. Concederanse tres premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

1º PREMIO: trofeo e 250 €
2º PREMIO: trofeo e 150 €
3º PREMIO: trofeo

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio do mundo do folclore, e serán alleos á Asociación Cultural Xacarandaina.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2012 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 como foron #blgtk08#os premios?
Comentario por (28-05-2012 00:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer