Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Xornada do Troco e Serán no Faísca

O Centro Social A Revolta, A ONG de cooperación para o desenvolvemento Amarante, a cooperativa de consumo consciente Árbore, a asociación cultural Caleidoscopio, o Centro Social Faísca, a cooperativa de comercio xusto Mundos e Verdegaia-Vigo organizan para o próximo sábado 17 de marzo unha xornada de troco e cesión no local do Centro Social Faísca, na rúa Toledo nº 9, do barrio vigués de O Calvario.

Esta primeira xornada de troco e cesión pretende crear un espazo de intercambio e cesión voluntaria de bens no que non se empreguen os cartos.
Os fundamentos desta experiencia son fondamente ecolóxicos, na medida en que o troco e, por suposto, a cesión, baséanse na reutilización dos bens, na súa revalorización e na primacía das interrelacións persoais, moito máis enriquecedoras que as relacións artelladas ó redor do intercambio monetario.

O sábado 17, a partir das 11 da mañá, todo aquel que queira participar nesta experiencia poderá pasarse polo Centro Social Faísca levando aqueles bens —roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía e o que a cada un lle pete— que queira trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea de base é fomentar a cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles obxectos ou bens dos que si precisamos.

Horario orientativo

11:00 a 14:00. Apertura do mercadiño de troco e cesión. Non hai metodoloxía previa, na crenza de que son as relacións persoais as que mellor poden axustar os intercambios.

14:00 a 16:00. Xantar coletivo. Trátase de que todos aqueles que queiran se xunten para compartir o xantar e as súas experiencias. As asociacións organizadoras aportarán unhas empanadas, e cada quen o que lle pareza ¡animádevos, preparade unhas tortillas ou traede unhas ensaladas e listo… e se alguén non lle da ben á cociña, que por iso non vaia quedar na casa!).

16:00 a 17:00. Mercadiño de troco e cesión.

17:00 a 19:00. Presentación das asociacións participantes, cunha breve exposición de cada unha, e proxección dos documentais Gran Superficie e A Ilha das Flores, ambos sobre o consumo e as súas consecuencias.

19:00 a 21:00. Coloquio sobre consumo, moderado por Manolo Garrido, presidente da cooperativa Árbore.

21:00. Serán popular, festa de fin de xornada.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 caray, presi, como te portas... grazas por sacar o cartel!
Pois ná, que polo Faísca andaremos todo o día. Animovos a que vos pas#blgtk08#edes nalgúm momento, para xantar, trocar cousas (non valen cacharradas eh..) ou senon para darnos ai uns bailes!

Bicos
Comentario por maguei (14-03-2007 17:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer