Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Riobó no Salón Teatro de Santiago de Compostela

O grupo vén de presentar o seu primeiro videoclip e xa prepara a xira de verán

Este xoves 26 de abril Riobó actuará no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, presentando os temas do seu homónimo traballo discográfico, o primeiro da banda, publicado en 2011 por Zouma Records.


Un concerto no que Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Fernando Barroso e Fernando Pérez amosarán o seu bo facer sobre a música tradicional galega, cun formato acústico e ben coidado, no que destaca a sensibilidade interpretativa destes fantásticos músicos.
O grupo realizará unha nova parada o vindeiro 5 de maio para actuar no Bar liceum, en O Porriño. Mentres se suman novas datas para a xira do próximo verán, xa está confirmada a presencia de Riobó no Nottingham Riverside Festival, en Inglaterra, e no Scottish Weekend que se celebra en Bélxica a primeiros de Setembro.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0