Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Marful no Museo do mar (Vigo) |
|
Marful navega moitos mares e abrennos para a canteira de músicos galegos. A veces dorna, a veces veleiro, agora buque e despois conserveiro, deses galegos pioneiros que inventaron o conxelado a bordo.
O paquebote Marful chega ao porto máis importante das costas europeas: VIGO.
Cidade bordeada polo mar, da que non sobresaen torres senón guindastres dos asteleiros do porto.
Cidade de almas perdidas, universais e lobos de mar. Cidade da que Marful "vuelve" no "Manual de Sedución". E con unha canción adicada a esta cidade DE VIGO VUELVO. Partitura atopada nun coleccionista en Pau( Franza) á que Ugia lle puxo letra. Carlos Oroza, o Universal, o Lobo de Mar, as Cies, O mais palá, o Sereo, as patatillas...un auténtico himno vigués para este novo século. http://www.goear.com/listen/ccf58a8/de-vigo-vuelvo-marful
Venres 27 de abril ás 21h. Entradas á venda aquí
O lugar non pode ser máis singular: a antiga lonxa de Vigo que se conserva íntegra no Museo do Mar. Alí será onde Marful ofreza a súa presenza musical, tocando o mellor dos seus dous discos. Ao rematar o público está convidado a un convivio cos artistas arredor dunhas conservas gourmet, ofrecidas por Conservas de Cambados. Será na taberna "O Croque" (no propio Museo).
Unha noite para desfrutar en potencia das vistas do Museo, o olfato do Mar, a música de Marful, o gusto das Conservas e o contacto do resto dos Asistentes, porque o espazo é Íntimo e o Aforo limitado.
A entrada para esta presenza musical é de 15 euros. As entradas poden mercarse no propio Museo.
Tamén poden reservarse na web de Marful: www.marful.info |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|