Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá do martes 13 con Xosé, ?O Ghaiteiro de Piñeiro?. |
|
 Xosé, ?O Ghaiteiro de Piñeiro?.
Despois dunha operación complicada na que perdeu un anaco de pulmón, a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería tocar a gaita. Unha semana despois só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, O ghaiteiro de Piñeiro, seguía bombeando notas e repenicados por cada recuncho do Morrazo. Esta noite Alalá, da man da súa presentadora Pilar G. Rego, vai poñer o público en contacto cunha historia de superación persoal, todo un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, ?O Ghaiteiro de Piñeiro?.
Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán, onde é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións? ata nas inauguracións das rúas o recordan tocando os veciños! Gaiteiro multiusos e infatigable, desde o domingo de entroido ata o mércores de cinza o equipo do Alalá puido comprobar que durmiu 7 horas! E é que a Xosé, ?O Ghaiteiro do Piñeiro?, antes que os dentes, xa lle naceran as ganas de ser ghaiteiro.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
a este home habia que faserlle un monumento eu xa oubira falar deste ghaiteiro pero un dia concidimos tocando nun#blgtk08# furancho e e total e incansable.un forte abrazo pra este home de parte dun acmirador seu que sexa por moitos anos |
|
|
Comentario por (16-03-2007 20:30) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|