Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

3º Encontro de Zanfona
III Encontro coa zanfona contemporànea

Instrumento ancestral, reliquia doutros tempos e de moitos lugares, caixa de segredos ben gardados agora descubertos para aqueles interesados en saber o que se coce hoxe en día ao seu redor en Galicia.

Mostra en dous conceptos interesantes, diferentes e complementarios, mostra da contemporaneidade, frescura e dinamismo do que está a gozar este sintetizador medieval no córner de Europa.

A tradición transmitida, a reinventada e a proxectada nas novas xeracións de afeizoados, teñen nos mestres Anxo Pintos e Óscar Fernández, os máximos expoñentes das tendencias actuais da didáctica da sanfona en Galicia:
Universidade Popular de Vigo e Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, respectivamente.

Para isto presentamos dous cursos paralelos con cada mestre e dous concertos de cadanseu grupo: Lizgairo e bOnOvO, con quen se poderá contextualizar a dimensión máis contemporánea e máis viva que nunca..

Ademais, a representación teatral musicada “O cego da Xestosa”, montada co gallo deste Encontro por alumnos da Escola de Teatro e da Escola de Zanfonas de Narón.

Se queres estar ao dia, se queres aprender, escoitar e desfrutar coa música e docencia da zanfona contemporánea, achégate a Narón. Participa.
Lembraralo.

Concertos e teatro: 16 de marzo ás 20,30h. Auditorio de Narón. 6€ / Inscritos aos cursos de balde.

Lizgairo.
Estrea en Narón deste trío nacido coa intención de disfrutar reelaborando e compoñendo. Baseado na sonoridade de tres instrumentos sobre unha música construída en orixe para baile que dan como resultado un complexo, dinámico e vibrante diálogo sonoro.

Anxo Pintos: zanfona e violino
Rodrigo Romaní: harpa céltica e guitarra.
Xosé Liz: Bouzouqui, frauta e guitarra.

BOnOvO.
Trio de recente creación, proxecto musical e tecnolóxico, fusión de tres personalidades con voz propia, , con ritmos frenéticos e actitude aberta, presentan un espectáculo en directo inclasificable e imprevisible que non te deixarán indiferente.

Óscar Fernández: zanfona electroacústica, loops.
Roberto Grandal: acordeón midi.
Pulpiño Viascón: batería electrónica, serra, voz




REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ÉPOCA.
   O cego da Xestosa:entremés cómico escrito por Xavier Prado “Lameiro” (1874-1942), do repertorio do Coro de Ruada (Ourense) e adaptado especialmente para o Encontro con música ao vivo.

Intérpretes: Leandro Lamas e Cristina Mariño (Escola de Teatro de Narón)
Músicos: Alumnos de Zanfona da escola de Musica de Narón

Cursos: 17 e 18 de marzo.

Horario Curso:
Sabado: 10:30h. a 14:00h. e 16:00 a 20:00
Domingo: 10:0h a 14:30

Prezo cursos70€ / 60€ asociados ao CMTF.

Inscripción:
e-mail: i.lopez@concellodenaron.com
Fax: 981 384829
Tlfno: 981391144

Enviar Fax ou e-mail cos seguintes datos:

nome e apelidos
correio electrónico
nº de tfno .
Xustificante de ingreso na conta:
2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia, Padroado da Cultura de Naron

>>>>Reserva de aloxamento e comidas no mesmo tfno. da >>>>inscripción.<<<<<
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2007 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer