Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere |
|
O vindeiro 29 de abril Tequexetéldere organizara a 8ª Edición do Concurso de Baile Tradicional.
Máis info en www.tequexeteldere.aestrada.com
Trinta agrupacións de toda Galicia participarán este vindeiro domingo día 29 de abril, no Teatro Principal da Estrada, na VIII Edición do Concurso de Baile Tradicional que organizamos dende Tequexetéldere.
Tal e como se explica nas bases do concurso, este se fará en horario de mañán (a partir das 11 hs) e tarde (a partir das 17 hs). A taquilla para a retirada das entradas estará aberta 30 minutos antes do comezo do certame.
Debido o pouco aforo do Teatro Principal da Estrada, arredor de 370 butacas, recomendamos se poñan en contacto coas directivas das súas asociacións ou agrupacións para reservar entradas, xa que é a única maneira de poder facer reserva das mesmas, (so se fará reserva por grupo, non a nivel individual), e estas deberán ser retiradas e abonadas na taquilla do Teatro unha hora antes do comezo do certame, senon serán postas a venda.
Cada entrada ten un prezo de 3 euros, non hai descontos por grupos, nin familias numerosas, nin por vir de moi lonxe, e só será valida para unha xornada, ou de mañán ou de tarde, esto quere dicir que si se quere ir pola mañán e pola tarde o custe das entradas será de 6 euros, e tal e como se dixo anteriormente sen desconto algún.
Aquí vos deixamos as bases do concurso.
Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o VIII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.
Estableceranse catro categorías para participar:
-Categoría A: Ata os 9 anos.
-Categoría B: de 9 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos
A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.
Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....
Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos ).
Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
O concurso celebrarase o Domingo 29 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)
O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 22 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data).
A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).
O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.
Establecerase a seguinte cuantía de premios:
Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 ?)
-Segundo premio (120 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría C:
-Primeiro premio (180 ?)
-Segundo premio (150 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría D:
-Primeiro premio (240 ?)
-Segundo premio (180 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).
Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento. |
|
|
|
14 Comentario(s) |
|
1 |
Resultados do VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere Categoría A:
1º Premio: "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
2º Premio: "D" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: "Tarabeliños" da Asociación Cultural Donaire
Categoria B:
1º Premio: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "B" da Asociación Cultural Os Trazantes e Tenorio
Accésits Categoría A e B
Mellor grupo de acompañamento: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
Mellor vestiario: "O #blgtk08#Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
Categoria C:
1º Premio: "9 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "A" da Asociación Os Xeitosos de Trazo
Categoria D:
1º Premio: Grupo de Baile Tradicional Tahúme
2º Premio: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio
Accésits Categoría C e D
Mellor grupo de acompañamento: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Mellor vestiario: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos |
|
|
Comentario por (29-04-2012 23:12) |
|
|
2 |
Reñi#blgtk08#do? |
|
|
Comentario por (29-04-2012 23:20) |
|
|
3 |
Reñi#blgtk08#do? |
|
|
Comentario por (29-04-2012 23:21) |
|
|
4 |
Ninghen di nada. Eu non pud#blgtk08#en asistir. Comentade algo. |
|
|
Comentario por (29-04-2012 23:48) |
|
|
5 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por (30-04-2012 00:55) |
|
|
6 |
Estaba clarisimo que o vestiario tiña que ser para #blgtk08#o grupo A de cantigas: elas estaban impresionantes. |
|
|
Comentario por (30-04-2012 01:00) |
|
|
7 |
Estaba clarisimo que o vestiario tiña que ser para #blgtk08#o grupo A de cantigas: elas estaban impresionantes. |
|
|
Comentario por (30-04-2012 01:03) |
|
|
8 |
Cantas veces levaron premio de vestiario os de cantigas con esa mesma #blgtk08#roupa? creo q xa toca cambiar, non? hai máis grupos que participan!!! |
|
|
Comentario por un (30-04-2012 10:47) |
|
|
9 |
E terán que seguir levándoo ata que#blgtk08# haxa algún vestiario mellor, non? |
|
|
Comentario por (30-04-2012 11:44) |
|
|
10 |
Eu suelo asistir a todos ou case todos os concursos de ba#blgtk08#ile e e a primeira vez que vexo ese vestiario a cantigas. |
|
|
Comentario por (30-04-2012 13:31) |
|
|
11 |
Cantigas é a primeira vez que levaba #blgtk08#ese vestiario...se non me equivoco... |
|
|
Comentario por (30-04-2012 14:34) |
|
|
12 |
A verdade eu tampouco lle vira ese vestiario si que lles teño visto un de falda ver#blgtk08#de, pero non era ese. Penso que hai que felicitalos, as rapazas estaban guapísimas. |
|
|
Comentario por (30-04-2012 17:28) |
|
|
13 |
Polo que vexo os premios #blgtk08#deberon ser xustos, non? |
|
|
Comentario por (30-04-2012 20:04) |
|
|
14 |
si foron xustos, parece que se esta a buscar polémica, como habitual#blgtk08#mente soe pasar. Xa se preguntou 2, 3 e 4, e ninguén dixo nada. ;-) |
|
|
Comentario por (30-04-2012 20:29) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|