Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 'Cego dos Vilares' sóbe ao escenario |
|
14 músicos novos reinterpretarán temas do último violinista itinerante de Galicia
Foi contemporáneo do casete e dos aparellos domésticos que desde os anos setenta rexistraron a súa voz en decenas de feiras populares, aínda que xa por aquel entón era un músico doutro tempo. As vexigas, que lle quitou a vista de neno, púxolle despois un violín nas mans, pero Florencio López Fernández (A Fonsagrada, 1914-1986) non tivo nunca vocación de artista nin tampouco foi consciente de estar a facer algo máis importante que gañarse a vida. Agora, case tres décadas despois da súa morte, o centro de música popular A Central Folque recupera a figura do Cego dos Vilares, como se lle coñecía popularmente, grazas a unha iniciativa pedagóxica, Proxecto Florencio, que xa recrutou a 14 músicos de toda Galicia para levar a concerto parte do repertorio do trobador, o último cantor cego de Galicia e un dos máis soados, porque ademais de por a súa destreza co violín, pasaba sen ningún pudor do Vén bailar Carmiña ao último éxito de Julio Iglesias.
O zanfonista Germán Díaz, autor de Músicas populares da Guerra Civil, é o encargado da dirección musical de proxecto, que aspira a reunir sobre escenarios de Lugo e A Fonsagrada os instrumentos emblemáticos dos cantores cegos, desde a zanfona ?en retroceso desde o século XIX" até o violín ou o acordeón "diatónico e piano", pero tamén a frauta travesera ou a guitarra. O grupo, que ía ser de 10 acodes pero que finalmente será de 14, as que acudiron á convocatoria da Central Folque, ensaia cada dúas semanas en Lugo desde hai dous meses algúns dos temas que fixeron famoso a Florencio dos Vilares, entre eles O cantar do arrieiro ou Alalá do arador, coplas de carácter costumista que retratan en ton de humor o traballo no campo ou as relacións de parella. "Traballamos coas gravacións de audio e vídeo que se conservan, pero o seu repertorio é inmenso", explica Díaz, que aínda non ten data exacta para o concerto, que en todo caso celebrarase no verán. Aínda que a parte musical será a máis simbólica, o proyectyo vai máis aló da selección de temas: o equipo da Central Folque xa está a organizar encontros con músicos e investigadores e visitas á Fonsagrada en busca de testemuños sobre a vida do músico.
Dous concertos en Lugo e A Fonsagrada porán o colofón ao proxecto no verán
Do ir e vir do Cego dos Vilares polos pobos de Galicia e Asturias quedan máis dun cento de gravacións caseiras realizadas por paisanos que o admiraban "e que, dalgunha maneira, comprenderon o valor musical das súas actuacións", un vídeo no que Florencio interpreta unha muiñeira "de momento, o único coñecido do músico" e os traballos que desde finais dos anos fixeron entrar o patrimonio oral que inconscientemente levaba polos pobos ás caixas de seguridade que son os cancioneiros. O dúo Mini e Mero (Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas) tívoo moi en conta na nómina de Cantos, Coplas e Romances de Cego I e II (Editorial Ophiusa) e a musicóloga suíza Dorothé Schubart incorporou as súas coplas ao Cancioneiro Popular Galego, editado pola Fundación Barrié da Maza en 1984.
Aos músicos da Central Folque ocorréuselles a idea de homenaxear a Florencio ao coñecer unha gravación esquecida do lingüista Antón Santamarina, unha de tantas que conservan, sobre todo na montaña de Lugo. "Era moi querido na zona, porque era moi carismático", encomia Mauro Sanín, un dos músicos da Central. O músico Pancho Álvarez empezou a súa carreira como solista cun traballo no que reinterpretaba obras do repertorio do violinista. Ademais está o disco que gravou Florencio en 1981 grazas ao empeño de Pablo Quintana, A Recolleita, Volume I, no que o músico compartía protagonismo coa pandeireteira Eva Castiñeira.
"Representa unha sociedade por fortuna desaparecida, na que se malvivía"
Co proxecto aínda en curso, tanto Díaz como Sanín destacan o interese polo tipo de música e unha forma de vida, sempre itinerante e a miúdo marxinal, que personificó o Cego dos Vilares. "Representa unha sociedade afortunadamente desaparecida, na que se malvivía. Todo iso da conciencia ou a identidade é algo moi urbano, moi recente", expón Sanín. Florencio, músico por necesidade, só tivo un privilexio na súa vida, "o de tocar na praza pública", remacha.
www.elpais.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|