Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comunicado de peche da sala The Star (Carral)

A Sala The Star pecha despois de catro anos promovendo a cultura galega
Á mala situación económica únense as dificultades derivadas do nulo apoio por parte do Concello de Carral, ademais da actitude dun sector dos veciños do municipio. A programación do mes de febreiro mantense, e o día 25 os propietarios do local, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, participarán nunha última actuación cuxo formato aínda está por definir. Non se descarta unha reapertura noutro concello da área coruñesa a medio prazo.

Con máis de trescentas actuacións ás súas costas, a Sala The Star pechará as súas portas o vindeiro 25 de febreiro. A música, o humor, o teatro, o baile e todas as disciplinas culturais déronse cita nalgún momento no local rexentado polos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro. A promoción e a difusión da cultura galega foi o seu obxectivo desde a apertura do local en xuño de 2007.

O mal momento económico está detrás dunha decisión á que tamén contribúen outros factores: o nulo apoio do Concello de Carral mudou nos últimos meses en constantes dificultades e requerimentos que facían imposible soster un local ao que a crise tamén se quixo achegar. Sen ser determinante, tamén a actitude dun sector dos veciños do municipio contra a actividade motiva o peche da Sala The Star.

Os propietarios da Sala non descartan unha reapertura nun municipio limítrofe que non poña obstáculos na acción cultural que un local así pretende desenvolver; sería, en todo caso, a medio prazo.

Mantense a programación para o mes de febreiro, coas actuacións de La Senda de Afra e Glasgow esta fin de semana, os concertos, festas e representacións teatrais de Entroido en quince días, e un derradeiro cartel de dous días que completarán o grupo ordés Dios Ke Te Crew e un último espectáculo aínda por definir, coa participación de Os Dous de Sempre.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-02-2012 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer